FASES DO MODELO INDAGATIVO
FASE 1. Identificación da cuestión guía.
FASE 2. Deseñar un método para a recollidad de datos.
FASE 3. Análise e interpretación dos datos. Diferencia entre conxetura, evidencia e xustificación da evidencia.
FASE 4. Sesión de argumentación (Science Talk)
FASE 5. Comunicar a experiencia. Elaboración de informes
FASE 6. Revisión por pares dos informes.
FASE 7. Revisión polo profesor.
FASE 1. Identificación da cuestión guía.
A pregunta ou cuestión guía, na maioría das ocasións, vén determinada polo profesor. Este identifica un fenómeno e ofrece unha cuestión guía para que os alumnos poidan resolvela. O obxectivo é captar a atención dos estudantes e darlles unha razón para completar a investigación. Para iso, o profesor debe repartir unha copia da guía da actividade para realizar. Dita actividade debe incluír unha breve introdución que describa o fenómeno ou problema a resolver, o medio que utilizarán para presentar a súa argumentación (Lousa, cartolina, pantalla,..) e que criterios serán usados para valorar a calidade do seu traballo, así como as expectativas da súa investigación.
Para estudantes con problemas á hora de ler textos científicos recoméndanse estratexias de comprensión lectora, como facer anotacións, rodear palabras importantes.
É importante que neste momento o profesor utilice uns minutos para explicar como usar o equipamento necesario para o traballo do laboratorio, liquidar problemas coas simulación de computador ou revisar entre todos os mínimos requiridos no software para analizar datos.
FASE 2. Deseñar un método para a recollida de datos.
Este proceso é un dos máis importantes do modelo. O impulso natural dos alumnos é comezar a cacharrear e poñer a traballar no laboratorio. A función do profesor terá que ser a de achegar calma para que os alumnos realicen unha boa planificación do proceso e desenvolvan un método para a recollida de datos acorde coa pregunta a responder.
FASE 3. Análise e interpretación dos datos. Diferencia entre conxetura, evidencia e xustificación da evidencia.
A partir da nosa cuestión guía, os estudantes, tra-la realización da experiencia, propoñen unha resposta que teña sentido en base ás súas medidas e observacións. A resposta ou argumento a dar consistirá en:
FASE 4. Sesión de argumentación (Science Talk)
FASE 5. Comunicar a experiencia. Informe escrito
FASE 6. Revisión por pares dos informes.